Area Grande, Area Longa e Pedrosa Estas son as tres praias virxes de Reira, situadas ao norte do Cabo Vilán e resgardadas do nordés. De características moi similares, desde aquí as vistas do cabo, do faro e dos illotes de Vilán de Fóra son espectaculares. A visita pode aproveitarse para visitar o Foxo dos Lobos, […]
A costa de Camariñas é un auténtico tesouro dende o punto de vista xeomorfolóxico pola variedade e rareza das súas formacións pétreas resultado da erosión eólica e mariña. Vento e auga tallaron formas suxerentes como a “Furna dos Infernos”, a “Pedra do Oso”, os “Namorados de Reira”, o “Belén de Reira”, a “Virxe de Arou” […]
Gran parte da costa norte do Concello de Camariñas está incluída na Rede Natura 2000. Conta tamén coa protección de Lugar de Interese Comunitario (LIC Costa da Morte) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). O cabo Vilán, en concreto o illote coñecido como Vilán de Fóra, é un lugar onde habitan varias […]
Desde os miradores de Trece e da Pedrosa terás unha fabulosa panorámica da costa abrupta de Camariñas e da forza do océano Atlántico. Para chegar ao mirador da Pedrosa, debes ir desde o núcleo urbano de Camariñas pola estrada que conduce ao cabo Vilán e xirar á dereita polo camiño que discorre entre os muíños […]