Camariñas é unha vila mariñeira coñecida polos seus encaixes de palillos e pola súa riqueza natural e ambiental da que é testemuña o Faro de cabo Vilán, un dos máis emblemáticos de Galicia. Ocupa unha península con dúas caras, unha mirando ao mar atlántico e a outra ás tranquilas augas da ría que comparte co concello veciño de Muxía. O topónimo de Camariñas procede da planta arbustiva caramiña (Corema album).

A economía da vila depende das actividades relacionadas co mar e a elaboración destes. O noso porto pesqueiro é o de maior peso comercial na Costa da Morte, fundamentalmente nas especies de sardiña e polbo.

Contamos tamén con confraría de pescadores, agrupación de mariscadoras e percebeiros así como unha das conserveras de maior tradición da Costa da Morte, Grupo Cerdeimar, e empresas de preparación e elaboración de polbo, algas e mariscos.

  • D34U9615_Camarinas_908x681