Desde os miradores de Trece e da Pedrosa terás unha fabulosa panorámica da costa abrupta de Camariñas e da forza do océano Atlántico.
Para chegar ao mirador da Pedrosa, debes ir desde o núcleo urbano de Camariñas pola estrada que conduce ao cabo Vilán e xirar á dereita polo camiño que discorre entre os muíños de vento.
Para chegar ao mirador de Trece, tes dúas opcións. A primeira, desde o núcleo urbano de Camariñas, continúa pola estrada que vai ao cabo Vilán e a uns 5 km, xira á dereita por unha pista de xabre indicada como Ruta Litoral ou Ruta Costa da Morte (PRG 158). Continúa uns 11 km pasando por diante do Foxo dos Lobos, das praias de Reira e do Cemiterio dos Ingleses, no cabo Tosto, ata ver a duna rampante do Monte Branco. Desde aquí sigue polo camiño ata o alto da duna.
Se están nas vilas de Camelle, Santa Mariña ou Arou, accederás directamente á parte máis alta da duna do Monte Branco.