O Cabo Vilán está situado a uns 5 km por carretera da vila de Camariñas. É un dos lugares máis impoñentes de toda esta zona costeira e igual que gran parte da costa norte do Concello de Camariñas está incluída na Rede Natura 2000. Conta tamén coa protección de Lugar de Interese Comunitario (LIC Costa da Morte) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).
O cabo, que se adentra desafiante no mar, está formado por un promontorio rochoso que remata no illote chamado Vilán de Fóra. Aquí concéntranse a práctica totalidade das colonias de gaviota tridáctila (Rissa tridactyla) e corvo mariño (Uria aalge) de España. Habitan tamén varias especies como pardelas, mascatos, alcas,… sendo un excelente lugar para o avistamento de aves igual que a enseada da Basa e a desembocadura do río Grande, no interior na ría.