Gran parte da costa norte do Concello de Camariñas está incluída na Rede Natura 2000. Conta tamén coa protección de Lugar de Interese Comunitario (LIC Costa da Morte) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).
O cabo Vilán, en concreto o illote coñecido como Vilán de Fóra, é un lugar onde habitan varias especies como pardelas, mascatos, alcas,… Aquí concéntranse a práctica totalidade das colonias de gaviota tridáctila (Rissa tridactyla) e corvo mariño (Uria aalge) de España.
O illote, de 59 metros de altura, está situado a escasos metros mar adentro. En días moito temporal, o mar salta ata vinte metros por riba del. Coidado nos días de mal tempo!
Outros puntos do municipio onde se poden avistar aves son a enseada da Basa, na boca da ría, e a desembocadura do río Grande, na Ponte do Porto.