Lobeiras
Esta pequena praia (240 m) situada fronte ás illas do mesmo nome, que son unha das zonas de extracción do percebe de Camariñas. Aquí, ademais dos bañistas locais, é habitual ver aos percebeiros traballar.
Esta pequena praia (240 m) situada fronte ás illas do mesmo nome, que son unha das zonas de extracción do percebe de Camariñas. Aquí, ademais dos bañistas locais, é habitual ver aos percebeiros traballar.
A praia urbana de Arou é unha das mellores para o baño de todo Camariñas. Con forma de media lúa, augas tranquilas e area branca, está moi resgardada do vento. Durante o verán conta con limpeza diaria, salvavidas e patrulla da policía local. Dun dos extremos parte un paseo de madeira moi agradable para despedir […]
No lugar que agora se levanta esta igrexa estivo o mosteiro bieito –os monxes negros- de Santa Mariña de Tosto, que chegou a reconstruírse dúas veces. Está considerado un dos focos máis antigos de cristianización destas terras. A situación neste lugar retirado puido estar relacionada coa cristianización dalgún culto pagán, a un elemento natural ou […]
O foxo de lobos de Camariñas é unha construción tradicional (s. XVI) que servía para cazar ao lobo. É a única da provincia da Coruña. Ten a singularidade de empregar como barreira natural a liña de costa ao situarse onda as praias de Reira. As outras trampas existentes en Galicia sitúanse nas montañas de Lugo […]
Area Grande, Area Longa e Pedrosa Estas son as tres praias virxes de Reira, situadas ao norte do Cabo Vilán e resgardadas do nordés. De características moi similares, desde aquí as vistas do cabo, do faro e dos illotes de Vilán de Fóra son espectaculares. A visita pode aproveitarse para visitar o Foxo dos Lobos, […]
A costa de Camariñas é un auténtico tesouro dende o punto de vista xeomorfolóxico pola variedade e rareza das súas formacións pétreas resultado da erosión eólica e mariña. Vento e auga tallaron formas suxerentes como a “Furna dos Infernos”, a “Pedra do Oso”, os “Namorados de Reira”, o “Belén de Reira”, a “Virxe de Arou” […]
A mámoa é un túmulo, unha acumulación artificial de terra e pedras levantada sobre un enterramento e que, nalgúns casos, pode conter no seu interior un dolmen. Este tipo de monumento funerario foi característico durante o período comprendido entre o Neolítico e a Idade de Bronce. A mámoa de Reira está situada enfronte das praias […]