A praia urbana de Arou é unha das mellores para o baño de todo Camariñas. Con forma de media lúa, augas tranquilas e area branca, está moi resgardada do vento. Durante o verán conta con limpeza diaria, salvavidas e patrulla da policía local.

Dun dos extremos parte un paseo de madeira moi agradable para despedir os días máis longos. Cara ao lado contrario, a 2 km. bordeando a costa vas cara á Camelle. En coche son uns 10 minutos e andando, unha media hora.