O Museo do Encaixe, creado en novembro de 1996, é testemuño excepcional da supervivencia das artes e oficios populares, sendo un expoñente da tradición que permanece case nos seus contextos orixinais. A través dunha exposición permanente quere recuperar a memoria histórica, conservala e difundila.
O andar superior alberga a colección permanente composta por deseños e pezas de encaixe, os utensilios e os materiais utilizados para a súa elaboración.
Aquí tamén se ensina outra técnica propia de Camariñas como é o picado, que a arte de trasladar os deseños de encaixe a un cartón, que se ha de reutilizar varias veces.
A Mostra de Encaixe de Camariñas, recoñecida como Festa de Interese Turístico, é unha feira internacional que se organiza cada Semana Santa e ten como presidente de honra á raíña Dna. Sofía.
Neste evento anual hai desfiles de modas con pezas que incorporan o encaixe a prendas masculinas e femininas e por suposto, exhibicións das palilleiras nacionais, internacionais e locais. As encaixeiras de Camariñas seguen conservando as técnicas e deseños tradicionais que asombran a quen queda hipnotizado mirando para elas, escoitando como repiquetean os palillos conta a coira.
Ao longo do paseo marítimo atoparas varias tendas de venda desta artesanía milenaria e exhibicións en vivo do traballo das palilleiras. Se o prefires tamén podes comprar online a través da web www.mecam.net.