Igual que en toda Galicia, a noite de San Xoán en Camariñas é máxica. Días antes á noite do 23 xúntase o material para facer as cachelas, moitas delas na praia, que arderán toda a noite para espantar a “meigas e bruxas”. As entradas das casas protéxense con ramos de feitas, espadanas, rosas e outras flores silvestres…. Estas mesmas herbas xúntase nun caldeiro con auga e póñense ao resío da noite para lavar a cara e purificarse na mañá do 24.
O acompañamento gastronómico da noite son as típicas sardiñas con cachelos e pan de trigo ou broa (de millo) que se comerán durante toda a noite ata que chegue o momento de saltar a cachela.
A festividade do San Xoán ten orixe pagá e está ligada coas celebracións nas que se festexaba a chegada do solsticio de verán. O rito de acender as cachelas era “dar máis forza ao sol”, que a partir destes días, ía facéndose máis “débil”.