En Camelle, festéxanse o sábado, domingo e luns de Pentecostés e o primeiro domingo de agosto, a Virxe do Carme, que tamén é homenaxeada, en Camariñas, o 16 e 17 de xullo. O festival Folk de Camelle ten lugar o 3 de agosto.                      

Igual que en toda Galicia, a noite de San Xoán en Camariñas é máxica. Días antes á noite do 23 xúntase o material para facer as cachelas, moitas delas na praia, que arderán toda a noite para espantar a “meigas e bruxas”. As entradas das casas protéxense con ramos de feitas, espadanas, rosas e outras […]