Está situado en Camelle. Este é un orixinal museo ao aire libre creado polo artista alemán Manfred Gnädinger, máis coñecido como “Man, o alemán de Camelle”, que chegou a esta vila na década dos 60 do século XX. Aquí creou o seu edén de fantasía e soidade, o lugar que lle deu a paz interior que buscaba e onde dar vida á súa obra.

Ao visitante solicitáballe que fixese un debuxo nunha das súas libretiñas, sendo unha forma de relacionarse cos demais xa que en “cada papel está a alma de cada quen e o meu obxectivo é facer un gran rañaceos con todas elas”, adoitaba dicir.

O naufraxio do Prestige tinguiu de negro a súa obra, os seus fillos, como el os chamaba. Non o puido superar e morreu o Día dos Inocentes de 2002.

A súa obra e legado trasladouse ao museo que leva o seu nome situado na rúa do Peirao e que pronto abrirá as súas portas como espazo expositivo de gran nivel (Rúa do Muelle, 9) Mentres tanto, pode visitarse en horario de oficina ou chamando antes ao 981 710 224. Tamén podes visitar a web www.mandecamelle.com.

Na sala de usos múltiples do Museo de Man, mañá ou tarde, podes ver traballar ás palilleiras de Camelle. Entra sen medo e queda hipnotizado mirando como traballan sen mirar o complicado labor!

 

MÁS INFORMACIÓN