A muller en Camariñas sempre tivo unha profunda relación co mar que rematou por derivar en que na zona houbera profesións con xénero case exclusivamente feminino. Mariscadoras, redeiras, percebeiras, fareiras, conserveiras, encaixeiras,… on algúns exemplos de mulleres que desempeñaron un papel fundamental na economía e desenvolvemento social de Camariñas. Ver vídeo “Muller e mar”

A lonxa de Camariñas ten a particularidade de que a tradicional poxa cantada se substituíu por métodos electrónicos que facilitan a venda antes de chegar a porto. Non obstante, o antigo lonxeiro deixounos un documento sonoro sobre o seu traballo que podes oír a continuación.   Poxa cantada na lonxa [Escoitar audio mp3]     […]