Nos últimos anos, á explotación profesional da nosa riqueza marítima sumouse o ocio. O goce do mar no tempo libre é xa unha actividade diaria para veciños e visitantes.

En 2012, o Club Náutico de Camariñas converteuse no primeiro porto deportivo da Costa da Morte en recibir o distintivo de bandeira azul. Este galardón converteuno en punto de recalada no centro da Costa da Morte para todo tipo de embarcacións de recreo de 2 a 5 metros. Aquí buscan o abrigo e seguridade dos seus peiraos flotantes durante as súas singraduras entre o Mediterráneo e o norte de Europa.

Ademais do servizo de amarres, o Club pon a disposición dos usuarios e navegantes servizos como asistencia técnica, mantemento e reparación de embarcacións, mecánica de motores e carpintaría, subministración de gasóleo, auga e electricidade; ou wifi en toda a área portuaria.

Desde nenos

Nesta zona tamén é habitual ver aos escolares de Camariñas practicar vela ou kaiak de mar durante o curso académico ou aprender as variacións do vento voando un papaventos.

 

CONTACTOS CURSOS DE VELA