Equipo persoal
- Calzado adecuado preferentemente de montaña.
- Gorro e crema protectora con mínimo SPF 15.
- Auga, mínimo 1 litro por persoa.
- Bastóns, mapa.
- Cámara de fotos e prismáticos.
- Impermeable ou similar en época non estival.
Recomendacións
- Antes de facer a ruta consultar sempre as previsións meteorolóxicas. Ter precaución en inverno polos fortes ventos que poidan estar previstos na zona.
- Respectar e manter a contorna limpa, non tirar papeis, envoltorios ou residuos.
- Non acender fogatas e por suposto non tirar as cabichas de cigarros durante o percorrido.
- En primavera e verán é conveniente levar produtos contra as picaduras de insectos.