Equipo persoal

  • Calzado adecuado preferentemente de montaña.
  • Gorro e crema protectora con mínimo SPF 15.
  • Auga, mínimo 1 litro por persoa.
  • Bastóns, mapa.
  • Cámara de fotos e prismáticos.
  • Impermeable ou similar en época non estival.

 

Recomendacións

  • Antes de facer a ruta consultar sempre as previsións meteorolóxicas. Ter precaución en inverno polos fortes ventos que poidan estar previstos na zona.
  • Respectar e manter a contorna limpa, non tirar papeis, envoltorios ou residuos.
  • Non acender fogatas e por suposto non tirar as cabichas de cigarros durante o percorrido.
  • En primavera e verán é conveniente levar produtos contra as picaduras de insectos.